Raxo

Está relaccionado cos apelidos Rajoo, Rajó, Rajóo, Raxó.

Orixe

Etimoloxía :
1.- Cada un dos brazos do polbo.
2.- Cada unha das dúas tiras de carne que están situadas ao longo do lombo do porco, unidas ao espiñazo.
3.- O pai Sarmiento, comenta da voz -raxo, que sinifica en galego o lombo do porco, pois o latín -rachis, sinifica espiñazo.
4.- Os Raxos, comenta Pensado, son tamén na nosa língoa os tentáculos do polbo. Según iste profesor o latín rachis nada ten que ver con raxo, e si que iste tería que ver oca estructura radial da súa nervadura do rabo ou cola, máis é moito máis sinxelo emparentar Raxo con "raja, estrias" en castelán.

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido.

Nobiliaria

O apelido Raxo segundo Antonio Benito Yebra de Ares, un dos xenealoxista galegos de máis prestixo e nobreza. Foron señores do Castelo Vilariño, no Val de Miñor, ubicado en Tuy. Tamén foron señores de Arxeriz, onde fundan o vinculo e Pazo de Arxeriz en San Lourenzo de Fión no Saviñao, Lugo.

Comenza o citado autor a xenealoxía diste apelido, con o cabaleiro Gonzalo Raxo de Acuña, pertencente a orden de Santiago e señor do dita castelo. Foi seu fillo Juan Raxo de Acuña que matrimoñou con dona Aldara no comenzo do século XVI, seu fillo se chamou Gonzalo Raxo de Acuña, quen casa con dona Adonza Fernández.

Continua a liñaxe en don Diego Raxo de Acuña que presenta expediente de nobreza ante a Real Chancelería de valladolid no ano 1542, sendo a súa esposa dona Maria Alfonso.

No ano 1567, atopamos como dono do pazo de Arxeriz a don Pedro Raxo de Acuña (O vello), que goza dos privilexos de nobreza e funda o vínculo de Arxeriz, estivo casado con dona María Alvarez e dona o pazo o seu fillo "millorado" don Pedro Raxo de Acuña (O novo). A xenealoxía dista familia segue ate emparentar no século XVIII, ca casa de Ulloa e despois a de Lemos. Pasado o tempo os tíduos, terras, privilexos, pazos e igrexas, de todas istas casas nobres iran a parar a casa ducal de Alba. 

Arq. Reino Galicia

1 - MONASTERIO DE SAN CLODIO CON SEBASTIÁN RAXO Y CONSORTES, SOBRE LA GRANJA Y JURISDICCIÓN DE OUTEIRO CON SU JURISDICCIÓN CIVIL Y CRIMINAL. 1583.
2 - MIGUEL JACINTO SÁNCHEZ REIMÓNDEZ, CURADOR DE JUAN RAFAEL TRONCOSO RAXO Y ACUÑA, CON DIEGO DE LAGO Y CONSORTES, SOBRE REIVINDICACIÓN POR LA CASA TORRE, MONTES RENTAS Y MÁS DE QUE SE COMPONE LA DE FREÁN Y OTROS BIENES VINCULADOS POR GONZALO DE RAXO, SEGUNDO DE ESTE NOMBRE, Y OTROS. 1739.

Mostramos os 2 documentos maís antigos atopados no ARG.

Outros Arquivos

en documento do ano 1399, "... de Juan Boton, encima e na costa que se departe da heredade de Juan Raxo, e foy de boz de Mariña Gazbertos ..."

Heráldica

Armas:
Tres vasillas ou anforas en liña. Tamén usaron os escaques dos Ulloa, e un León rampante dos Prado., outras casas que están representadas nos escudos do pazo de Arxeriz son os de Taboada, Losada, Somoza e Teixeiro.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .