Sillobre

Orixe

Etimoloxía:
O significado do apelido Sillobre e confuso, como son tódalas voces que teñen un orixe prerromán. O remate -obre, esta relacionado ca raíz céltica ber/bar, que deu a moitas língoas da costa atlántica a raíz -bre/ber, -bri, ou -bar. Nas língoas xermánicas deu berg/burg, co mesmo significado. Está relacionado con cumes, altos, ou pequenos poboados. En canto o radical -Sill-, podería estar relacionado có lat. silus: chato, romo. Sillobre esta situado no Concello de Mugardos; na antiga comarca de Bezoucos (bis-aquis: entre dúas aguas), en referencia a terra entre as rías de Ares e Ferrol. Existen nesta comarcas outras voces similares, como: Barallobre, Lubre, Tiobre, Cecebre, etc. En cuanto a Boado, está tamén relacionado con unha raíz indoeuropea ou prerromán: -bod: auga, charca, humedal. Deu o galego tamén outras formas como -boedo, -boeiro, -riobó, bodaño, etc. Ambos apelidos son toponímicos, ou sexa que teñen a súa orixe en pequenas entidades xeográficas; en este caso atopadas ambas no Concello de San Xiao de Mugardos.

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía A Brea de Sillobre
- na parroquia de Santa Mariña de Sillobre, no concello de Fene (Coruña, A).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Sillobre
- parroquia de Santa Mariña de Sillobre, no concello de Fene (Coruña, A).

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido.

Arq. Reino Galicia

1 - LOPE FERNÁNDEZ CON GREGORIO DE SILLOBRE: AUTO ORDINARIO POR UNA VIÑA EN EL MONTE DE SAN PEDRO. 1594.

Só mostramos o documento maís antigo atopado no ARG.

Xenealoxí­a

Xenealoxía:
O primeiro membro da familia Sillobre, foi Menendo Fulíniz, casado con Eldara Fortúniz, que posiblemente pertencera a familia dos Andrade. Nunha escritura de 1106 aparecen relacionados con unha doazón no val de Sillobre, descubríndonos a súa relación có topónimo.

Os apelidos Fulíniz e Fortúniz, son pequenas fidalguías que vivían na órbita da familia dos Froilaz, da casa condal de Traba. Fillo de Menendo Fulíniz, foi Gonzalo Menéndez. Casou con Maior Suárez, que nos anos 1173 e 1187 fai testamento pedindo ser enterrada en Caveiro. Os fillos de Gonzalo Menéndez foron: Pedro, Menedo, Rodrigo, e Urraca González, que casou con Pedro Bermúdez de Andrade. O individuo máis destacado dista familia foi Rodrigo González. Foi mile e prestameiro no val de Sillobre. Seus fillos foron: Pedro, Oveco, Gonzalo, Diego, Mateo, e Rodrigo. Todos eles comezarán a empregar o apelido Sillobre como tal. Pedro Rodríguez de Sillobre manda ser enterrado en Caaveiro, o que lle deixa as súas herdades de San Pedro de Leixa, Mariñán, e Magalofes. Oveco é citado como escudeiro e despois como miles n documentos datados en 1244. Gonzálo chegou a ser prestameiro có seu irmán Mateo Rodríguez de Sillobre. Diego Rodríguez de Sillobre tamén pide ser enterrado en Caaveiro, o mesmo que fan os seus irmáns. Mateo tivo a seguinte descendencia: Pedro, Toda e Elvira. Estas últimas aparecen con doazóns o citado mosteiro, con herdanzas que teñen nas terras de Fornelos e as Pontes.

No século XVI Pedro Sillobre de Boado, foi enterrado na igrexa de Sillobre, onde se atopa hoxe en día a súa tumba, feita en cantería con formas góticas e a moda dos cabaleiros sedentes. Parece que o apelido Sillobre extinguiuse, co tempo máis perdurou o apelido Boado que o atopamos relacionado con moitas fidalguías das Mariñas dos Frades. Foi o final o que Vasco Daponte chamou unha "casa abaixada".

Foros

Comentario persoal:
Os Sillobre foron unha das familias da comarca de Ferrol, máis antigas e nobres. Están ligados os primeiros tempos e xenealoxías das comarcas xa desaparecidas de Bezoucos, Trasancos e Pruzos. Ista familia está intimamente ligada tamén a fundación do mosteiro de Caaveiro, nas fragas do Eume.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .