Acerca de Apelidosgalicia.org e Xenealoxía.org

Os administradores de Xenealoxía.org e Apelidos de Galicia reuníronse en asamblea na localidade de Pontevedra, o día 23 de Xuño do ano 2012 ás 20:00 horas, decidindo constituirse en Asociación Xenealoxía.org.

segue un extracto da Acta Fundacional

ACORDAN:

  1. Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada asociación XENEALOXIA.ORG que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito autonómico e terá o seu domicilio en avenida Eduardo Blanco Amor, nº 54, letra i C.P.36160, concello de Pontevedra provincia de Pontevedra (ESPAÑA), os seus fins principais son:
    1. Promover a investigación da historia familiar en Galicia e os seus diferentes contextos: históricos, sociais, lingüísticos, artísticos e xeográficos, entre outros.
    2. Promover as investigacións relacionadas coa onomástica tanto nas súas vertentes antroponímica como toponímica, co fin de afondar no coñecemento dos apelidos de Galicia.
    3. Difundir as investigacións científicas relacionadas coas nosas temáticas.
    4. Construír e manter as bases de datos que recollan tódalas informacións relacionadas coa historia das familias de Galicia.
    5. Asegurar o acceso libre e gratuíto ás informacións recollidas nas bases de datos. E sen exclusións na medida que a tecnoloxía no lo vaia permitindo.
    6. Favorecer os proxectos de investigación libres por riba dos privativos, tamén os traballos de libre distribución fronte aos de copyright restritivo.
    7. Xestionar os espazos web dos seus proxectos, e encargarse da sostibilidade económica dos mesmos.
    8. Conseguir un espacio físico depositario do arquivo físico e a biblioteca física da asociación.
  2. Consensua-los estatutos polos que se vai rexe-la asociación lidos neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes.
  3. Elixilo órgano provisional de goberno da asociación, composto polas persoas que se relacionan de seguido, as que se facultan para a tramitación da inscrición da asociación no rexistro correspondente de asociacións.