Termos legais de Apelidosgalicia.org

Aceitación dos Termos de Uso e Modificacións

A visita ou aceso a este sitio web esixe a aceitación dos Termos de Uso que en cada momento atópense vixentes nesta dirección.

Sobre ApelidosGalicia.org

ApelidosGalicia.org proporciona información gratuíta ós seus lectores e visitantes sen ningún tipo de contraprestación monetaria pola súa banda. ApelidosGalicia.org é un sitio web, criado e mantido pola Asociación Xenealoxía.org, que corre cos gastos derivados do seu funcionamento.

Ó visitar e utilizar ApelidosGalicia.org vostede aceita o feito de que os seus propietarios resérvanse o dereito a modificar ou suspender as páxinas dispoñibles, o sitio web, ou a borrar temporal ou definitivamente os datos que ofreceu, en calquera momento, sen aviso previo e sen ningún tipo de responsabilidade cos usuarios. Deste xeito, ApelidosGalicia.org non ten responsabilidade algunha polo borrado de informacións, erros no seu almacenamento, inexactitude dos contidos e outras circunstancias relativas á información de ApelidosGalicia.org.

Publicación ou envío de contidos a este sitio web por parte de colaboradores.

ApelidosGalicia.org acóllese, para todo o publicado a partir de, 1 de Xuño do 2005, sempre que non se reflexe expresamente o contrario, á licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial 3.0 España.

Sen prexuízo do disposto no párrafo anterior deste aviso legal á licenza Creative Commons, ó enviar calquera tipo de contido ós noso sitio web, e conforme a súa natureza libre e gratuíta:

  1. Vostede aceita concederlle ós editores de ApelidosGalicia.org dereitos e licenza en todo o mundo, perpetua, non exclusiva e sen percibir dereitos de autor (incluindo calquera dereito moral o calquera outro tipo de dereito) para usar, amosar, reproducir, modificar, adaptar, publicar, distribuír, representar, promocionar, arquivar, traducir e criar recompilacións ou traballos derivados desa información, na súa totalidade ou en parte. Esta licenza aplicarase a calquera vía, medio, ou tecnoloxía coñecida ou desenrolada con posterioridade.
  2. Garantira que ten tódolos dereitos legais, morais, ou de calquera tipo que podan ser necesarios para concedernos a licenza especificada nesta sección.
  3. Vostede dáse por enterado e aceita que témolo dereito (pero non a obriga), á nosa única discreción, de negarnos a publicar ou impedir o aceso a calquera contido por Vostede en calquera momento e por calquera razón, avisándolle ou non.

Se vostede cree que a súa propiedade foi utilizada de forma que poda supoñer violación do seu dereito á propiedade intelectual, contacte co Administrador.

Responsabilidade do usuario.

O usuario é consciente da súa exclusiva responsabilidade pola utilización que faga da web de ApelidosGalicia.org, eximindo de responsabilidade a nosoutros e ós nosos colaboradores, de calquera tipo de demanda ou reclamación, incluíndo os honorarios de representación xurídica anque non fose preceptiva, que puidera ser interposta por un terceiro, debido a ou coma resultas da súa conduta ou conexión a este sitio web, os contidos que ofrece, a súa violación destas Condicións legais ou calquera outra violación dos dereitos de outra persoa ou parte.

Ós efectos do disposto nos artigos 248.3, 270 e 286 do Código Penal, modificado pola Lei Orgánica 15/2003, de 25 de novembro, infórmase que dende esta web, non se subministran dispositivos nin software susceptible de seren empregados para cometer defraudacións contra o patrimonio ou contra a propiedade intelectual e industrial.

O Usuario comprométese a facer un uso axeitado e lícito dos sitios web e os seus contidos, de conformidade coa lexislación aplicable, polo que o usuario deberá absterse de facer un uso non autorizado ou fraudulento dos websites.

A Asociación Xenealoxía.org propietaria do sitio web non se fai responsable de aqueles outros datos, sitios web ou arquivos ós que sexa posible acceder a través de enlaces (links) dispoñibles entre os seus contidos, amparados polo Dereito á Liberdade de Expresión e Información, dado que ditas páxinas ou arquivos obxecto do enlace son responsabilidade dos seus respectivos titulares.

Esta páxina, por tanto, nin aproba, nin fai seus os produtos, servizos, contidos, información, datos, arquivos, e calquera clase de material existente en tales páxinas web ou arquivos e non controla nin se fai responsable da calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos, datos e servizos existentes nos sitios enlazados e que son alleos a esta páxina.

No caso de que un órgano competente declare a ilicitude dos datos, ordenado a súa retirada ou que se imposibilite o acceso ós mesmos, ou que houbese declarado a existencia da lesión, e se nos notificase expresamente a correspondente resolución, os enlaces que se indiquen serían inmediatamente retirados.

RENUNCIA DE GARANTÍAS

ENTENDE E ACEITA QUE O USO DESTE SITIO WEB E DE CALQUERA CONTIDO OFRECIDO ELLES OFRECIDO BAIXO O SEU PROPIO RISCO. OFRÉCESELLE "TAL COMO ESTÁ" E NOSOUTROS RENUNCIAMOS A TÓDALAS GARANTÍAS DE CALQUERA TIPO, EXPLÍCITAS OU IMPLÍCITAS, INCLUINDO PERO NON SOMENTES AS GARANTÍAS DE COMERZO , CONVENIENCIA PARA PROPÓSITOS PARTICULARES, E DE NON INFRACCIÓN.

XENEALOXÍA.ORG NON OFRECE GARANTÍAS, IMPLÍCITAS OU EXPLÍCITAS, SOBRE A NON INTERRUPCIÓN DE ACESO Á WEB, A FALTA DE ERROS, A FALTA DE VIRUS, A PUNTUALIDADE, A SEGURIDADE, A PRECISÓN, A CONFIANZA, EN NINGUNHA CUALIDADE ASÍ COMO A NECESIDADE DE QUE CALQUERA CONTIDO SEXA SEGURO EN CALQUERA DOS SENTIDOS.

VOSTEDE ENTENDE E ACEITA QUE NIN NOSOUTROS NIN NINGÚN COLABORADOR DE XENEALOXÍA.ORG PROPORCIONA CONSELLO PROFESIONAL DE NINGÚN TIPO Ó TRAVESO DESTE WEB E QUE O USO DESA OU CALQUERA OUTRA INFORMACIÓN É SÓ BAIXO O SEU PROPIO RISCO SEN QUE NESTE SITIO TEÑAMOS RESPONSABILIDADE DE NINGUNHA CLASE.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

O USUARIO ENTENDE EXPLÍCITAMENTE E ACEPTA QUE NOSOUTROS NON SEREMOS REPONSABLES DE NINGÚN DANO DIRECTO, INDIRECTO, EXTRAORDINARIO, INCIDENTAL, CRÍTICO, OU CON COMPESACIÓNS EXEMPLARES, INCLUINDO PERO NON LIMITADO A, DANOS POLA PERDA DE BENEFICIOS, DATOS OU OUTRAS PERDAS INTANXIBLES (INCLUSO SE NOTIFICAMOS A POSIBILIDADE DESTAS PERDAS), COMO RESULTADO DE:

  1. O USO OU A IMPOSIBILIDADE DE UTILIZAR A WEB
  2. O CUSTE PARA OBTER SUSTITUCIÓN DOS BENS E/OU SERVIZOS COMO RESULTADO DE CALQUERA OPERACIÓN REALIZADA E OU A TRAVÉS DA WEB
  3. UN ACESO NON AUTORIZADO OU A ALTERACIÓN DA TRANSMISIÓN DOS SEUS DATOS
  4. DECLARACIONS OU CONDUCTAS DE CALQUERA TERCEIRO NA WEB
  5. CALQUERA OUTRO ASUNTO RELATIVO Á MESMA

Privacidade

Nesta web tomámonos moi en serio o seu dereito á privacidade e queremos que se sinta cómodo utilizando os nosos servizos. Esta Política de Privacidade ocúpase da información ("datos" en diante) que se pode solicitar ou recoller no noso sitio. Esta política non se aplica a outras entidades ou persoas alleas a esta web que non sexan os nosos colaboradores ou estean baixo o noso control.

  1. Recolleita de Datos
    Para utilizar este sitio NON é obrigatorio rexistrarse nin proporcionar ningún tipo de información. No caso de que decida visitar outros sitios web ligados dende o noso, aconsellámoslle ler as súas correspondentes políticas de privacidade.
  2. Cambios nesta política de privacidade
    A presente Política de Privacidade poderá modificarse cando esta web o considere oportuno. No caso de se efectuaren cambios substanciais dita circunstancia publicarase mediante un anuncio claramente visible no noso sitio web.

Anque ApelidosGalicia.org mantén a súa propia Política de Privacidade, os servidores onde se atopan os elementos do sitio web ApelidosGalicia.org, radican na compañía RedCoruna. Polo tanto ApelidosGalicia.org actúa en todo intre conforme ás posibilidades técnicas e organizativas de dita compañía, cuios termos de uso e privacidade atópanse dispoñibles na seu sitio web: Avisos Legales.

Asómesmo, o usuario aceita que os proveedores técnicos de ApelidosGalicia.org, así como esta política de privacidade poden sufrir modificacións que será obxecto de axeitada publicidade na nosa web.

Lei aplicable

Ó utilizar este sitio web vostede aceita que estes Termos de Uso, e calquera tipo de regueifa relativa ó uso deste sitio web, serán interpretados de acordo coas leis vixentes no lugar de residencia da asociación Xenealoxía.org propietaria deste sitio web:

Asociación Xenealoxía.org
Nº Rexistro 2012/016750
numero
Avenida Eduardo Blanco Amor, nº 54, letra i
C.P. 36160 Pontevedra
Pontevedra - Galicia
España - Unión Europea