Cañoto

Orixe

Etimoloxía:
Canoto
1.- Talo de certas plantas coma a col, a pataca ou o millo.
2.- Parte do talo que queda pegada á raíz despois de cortar unha planta.
3.- Parte central, abrancazada, dura e carnosa da folla de certas plantas, como a das acelgas, verzas etc.
4.- Parte interior da mazaroca do millo despois de debullala.
5.- Parte interior e central de certas froitas sen carabuña, coma a mazá ou a pera.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Cañoto
- na parroquia de San Pedro de Filgueira, no concello de Crecente (Pontevedra).
coa grafía O Cañoto
- na parroquia de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros (Lugo).
coa grafía A Cañota
- na parroquia de San Vicente de Meá, no concello de Mugardos (A Coruña).
- na parroquia de San Martiño de Meirás, no concello de Sada (A Coruña).
- na parroquia de San Martiño de Moreira, no concello de Ponteareas (Pontevedra).
- na parroquia de Santa María de Viladavil, no concello de Arzúa (A Coruña).
coa grafía O Cañotal
- na parroquia de Santa María de Carballido, no concello de Vilalba (Lugo).
- na parroquia de San Salvador de Ladra, no concello de Vilalba (Lugo).
coa grafía As Cañotas
- na parroquia de Santiago de Buxán, no concello de Val Do Dubra (A Coruña).
- na parroquia de Santa María de A Pedra, no concello de Cariño (A Coruña).
- na parroquia de Santo Estevo de Perlío, no concello de Fene (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) soamente na provincia de Biscaia.

Ceuta Melilla