Camoens

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido.

Outros Arquivos

en documento do ano 1431, "Gonçaluo de Camoens, Pedrete Adl Aluaro Nabor Afonso Pita o dito ..."

Heráldica

Liñaxe :
Apelido galego cuxo tronco, segundo algúns tratadistas, foi Vasco Fernández de Caamaño, do antigo solar dos Caamaño estebelecidos en Noia, que por haber seguido a causa do Rei Pedro I, O Cruel, tivo que fuxir a Portugal ao ser aquel vencido polo seu irmán Henrique de Trastámara. Na opinión doutros, din que foi Vasco Pérez de Camoens, notório fidalgo galego e Señor do castelo de Camoens, nas cercanias de Fisterra, o que tivo que agocharse no reino viciño de Portugal, fuxindo do Rei Henrique II das Mercedes, contra o que loitara. Sexa calquera a hipótese verídica, incuestionábel é a orixe galega do apelido Camoens. O Vasco Fernández de Caamaño (ou Vasco Pérez de Camoens) que se trasladou a Portugal recibeu grandes favores do Rei Fernando, quen lle colmou de honores e riquezas. A esta liñaxe pertenceu o famoso poeta portugués Luis Vaz de Camões e de Macedo (Lisboa, 1524-Id. 1580) , fillo de Simón Vaz de Camões e de Ana Macedo.
Segundo Modesto Rodríguez Figueiredo, na páxina 87 de : “Os Caamaño, na sua orixe, proceden do Castro do seu nome nas cercanias de Noia, sen embargo moi cedo estebeleceron-se en Rubiáns. Fernán Garcia de Caamaño xa asisteu cos seus vasalos á batalla das Navas de Tolosa(...).E non é de esquecer que en Pontevedra correndo o tempo, aparece un destacado Gonzalo de Camoens, alcalde da vila, mercader e dono de carabelas”.
Na páxina 270 do mesmo libro, volve-se a citar a Gonzalo de Camoens o 28 de Decembro de 1445.

Armas :
En campo de sinople, unha serpe de ouro, saindo do pau entre duas penas de prata.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .