Cendón

Orixe

Etimoloxía :
1.- "Apelido que ten a súa orixe nun antropónimo en función patronímica ou nun topónimo homónimo. Tanto o topónimo como o patronímico remiten ó prenome de orixe xermánica Cendone, voz derivada do gótico *kind-'descendencia, estirpe’.
O prenome Cendone ou as súas variantes (Cendone, Cedon, Zendo, etc) documéntanse moi cedo na Idade Media en textos latinos: "Cindon” (doc ano 959 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 530).

O nome de lugar ten a súa orixe nunha villa cendoni, atestada xa no s XIII.

Como apelido documéntase no s X: “Fromaricus Cendoni” (doc ano 885 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 308), “Petro Cendon" (doc ano ll40 en Manuel Lucas Álvarez, "La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro”, Compostella-num II, 2, 1958, p 291)."

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Cendón
- na parroquia de Santa María de Erboedo, no concello de A Laracha (A Coruña).
- na parroquia de San Bartolomeu de Seixido, no concello de A Lama (Pontevedra).
coa grafía A Cendona
- na parroquia de San Salvador de Lérez, no concello de Pontevedra (Pontevedra).
coa grafía Seiscendóns
- na parroquia de San Bernabeu de A Graña, no concello de Covelo (Pontevedra).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Valladolid, Madrid, Barcelona, Asturias, León, Biscaia, Cádiz, Guipúscoa, Lleida e Cantabria.

Ceuta Melilla