Chanteiro

Orixe

Etimoloxía :
1.- Talo da col.
2.- Pé dunha planta de horta.
3.- Lousa ou pedra grande de pouco grosor, que se chanta na terra para cercar un lugar.
4.- Anaco grande de pan con moita codia.
5.- Paraugas grande que se chanta no chan.
6.- Escopeta de perdigóns.

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Chanteiro
- na parroquia de San Pedro de Cervás, no concello de Ares (Coruña, A).

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Arq. Reino Galicia

1 - Diego López de Chanteiro e a súa muller Aldara Fernández venden ao convento de Santa Catalina de Montefaro a leira de Xaboeira por sesenta marabedís 1415.
2 - O mosteiro de Santa María de Monfero afora a Diego López de [Chanteiro] todas as herdades que posúe na freguesía de San Xulián de Mugardos 1419.
3 - Juan Estévez, veciño de Ferrol, afora a Gómez de Chanteiro e á súa muller Teresa Fernán unha viña na chousa da Rega, en Cervás, por un cuarto do viño que produza 1440.
4 - O mosteiro de Santa María de Monfero afora a Bros de Chanteiro, escudeiro, varios bens no Baño, freguesía de San Xulián de Mugardos por dúas mil sardiñas salgadas 1482.
5 - Francisco Dama vende a Vasco de Chanteiro e á súa muller María Alonso todo o que posúe en San Pedro de Cervás por setecentos e oitenta marabedís 1484.
6 - O mosteiro de San Xoán de Caaveiro afora a Vasco de Chanteiro e a súa muller Elvira Díaz o casal de Xabariz, en Santa Olaia de Soaserra, o casal de Figueiras e o de Formarís, en Santo Irís de Irís e o casal de Belelle, en San Vicente de Regoela 1493.
7 - Inés de Chanteiro vende a Pedro de Chanteiro, mercader e veciño da vila de Bilbao, unha herdade en San Pedro de Cervás por dez reais de prata 1500.
8 - Testamento de Vasco de Chanteiro con mandas a favor do convento de Santa Catalina de Montefaro 1506.
9 - Venda de bens en San Xurxo de Moeche outorgada por Basco Chanteiro a favor de Abel de Lago o Vello e a súa muller Mayor Fernández Pita 1566.
10 - Transacción entre Domingo Chanteiro de Andrade e Juan Rodríguez de Andrade 1618.
11 - Transacción entre Juan de Castelo Reboredo como tutor dos fillos de Juan Rodríguez de Andrade e María de Barbeito, e Domingo Chanteiro de Andrade 1622.
12 - ISABEL ABELLOA, MUJER DE JUAN BLANCO, CON DOMINGO CHANTEIRO, SOBRE NULIDAD DE UNA ESCRITURA DE VENTA DE DOS PRADOS EN LA FELIGRESÍA DE SANTA EULALIA DE LEIRO 1654.
13 - Transacción entre Domingo Chanteiro de Andrade e herdeiros de Juan Rodríguez de Andrade e María de Barbeito 1654.
14 - Venda de bens en Santo André de Carnoedo (Sada) outorgada por María do Río, viúva de Esteban Chanteiro, a favor de Alonso Pose Villar de Francos e a súa muller Marta Patiño de Lourido 1658.
15 - Demanda de Antonio Pardo de Andrade como herdeiro de Domingo Chanteiro de Andrade contra Lorenzo Carro sobre a posesión de bens 1679.

Só mostramos os 15 documentos maís antigos dos 88 atopados no ARG.

P.AR.ES

1.- Pleito civil contra Domingo Chanteiro Andrade, vecino y regidor de la ciudad de Betanzos (A Coruña), a instancias de Antonio Yáñez de Parga, secretario del secreto del Santo Oficio, sobre la renta que el acusado debe pagarle por la tenencia del lugar de Outerio ( o Uteiro). 1649.
Cód. Ref: ES.28079.AHN/1.1.11.6.6.8//INQUISICIÓN,2031,Exp.1

Outros Arquivos

en documento do ano 1418, "... Migell Rodriges do Vilar, Juan Aras Chanteiro, Juan Rodriges do Çiquẽelo, visiños da dita çidade."

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .