Cores

Está relaccionado co apelido Cures.

Orixe

Etimoloxía :
A etimoloxóa de Cores, esta relacionado ca base indoeuropea cor: pedra. Con iste radical existen moitos lugares en Galicia como Cornido, Cornide, Corrubedo, Carnota, Carral, Cures, Caraza, Caranza, etc.
No libro Os nomes da terra. Topónimos galegos de Fernando Cabeza Quiles na páxina 151, dise falando do topónimo CURES: "Todos estes nomes de lugar, e alguns parecidos, como, por exemplo, Cores, deben provir da base preindouropea cor, "pedra", que tamén está presente en moitos topónimos empezados por cor, como Coroso, Corrubedo e un longo etc."

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Cores
- na parroquia de San Mamede de Abalo, no concello de Catoira (Pontevedra).
- na parroquia de San Xoán de Barcala, no concello de A Baña (A Coruña).
- na parroquia de San Martiño de Cores, no concello de Ponteceso (A Coruña).
- na parroquia de San Miguel de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Cores
- parroquia de San Martiño de Cores, no concello de Ponteceso (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Asturias, Barcelona, Cádiz, Biscaia, Cáceres, Guipúscoa, As Palmas, Sevilla, Alacante, Huelva, Cantabria e A Rioxa.

Ceuta Melilla