Eanes

Está relaccionado cos apelidos  Anes, Eans, Ianes, Yanes.

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido.

Arq. Reino Galicia

1 - Xoán Eanes de Seselle e os seus irmáns venden ao mosteiro de Santa María de Monfero os bens que posúen na vila de Fondone, freguesías de Santiago de Franza e San Xoán de Piñeiro, terra de Bezoucos, por cento cincoenta soldos 1269.
2 - Juan Yáñez de Noz vende a Pedro Eanes Calvo e a súa muller, Maior Rodríguez, bens en San Xurxo de Mariñas, San Xoán de Esmelle, San Roman de Doniños por vinte soldos 1282.
3 - Juan Eanes, chamado Galo de Bemantes, vende ao mosteiro de Santa María de Monfero todo o que posúe na freguesía de San Xoán de Callobre e San Cristovo de Goimil 1284.
4 - [Ares] de Ovaña vende a Pedro Eanes Calvo e a súa muller, Maior Rodríguez, bens en San Xurxo de Mariñas por douscentos sesenta soldos 1288.
5 - María Domínguez fai manda testamentaria pola que nomea albaceas ao seu sobriño Afonso Eanes, monxe de San Paio de Antealtares, e ao seu afillado Gonzalo Miguel, coengo en Santa María de Sar, e ordena o seu enterramento en SantaSusana 1361.
6 - Juan Domínguez, morador en Paderne, vende a Pedro Martínez e á súa muller María Eanes, veciños de Pontedeume, unha leira na Chousa da Pena, en Santo André de Obre 1381.
7 - María Eanes, moradora na freguesía de San Paio de Buscás, vende a Alfonso Rodríguez e Gómez Pérez uns tarreos en Santa María de Leira por sesenta marabedís 1388.
8 - Gonzalo Eanes e a súa muller Constanza Eanes venden a Sancho Afonso, morador no couto de Monfero, unha viña en Vilar por catrocentos vinte marabedís e, por outra parte, María Álvarez vende dúas leiras de viña coa súa herdade en Caraña porcento setenta marabedís, ámbalas dúas vendas en San Martiño de Tiobre 1403.
9 - O mosteiro de Santa María de Monfero e Maior Eanes asinan unha avinza pola que se obrigan a pagar corenta azumbres de viño por unha viña no camiño de Vilar, en Tiobre 1406.
10 - Elvira Eanes, muller de Gregorio Rodríguez, vende a Afonso Miguélez e á súa muller María Eanes unha leira en Margá por trinta e dous diñeiros cada ano 1409.
11 - O mosteiro de Santa María de Monfero afora a Sancha Alfonso, veciña de Betanzos e filla de Alfonso Eanes de Goente, unha casa na rúa da Ponte Vella desa vila e unha viña na freguesía de San Martiño de Tiobre 1412.
12 - Vasco de Miño vende a Fernán Eanes e á súa muller Tareixa Afonso, moradores en Montelongo, unha leira de viña coa súa herdade no Seixo, freguesía de Santa María de Miño, por trescentos marabedís 1417.
13 - Afonso Eanes e a súa muller María Eanes, moradores na Insua, venden a Sancha Alonso, veciña de Betanzos, unha bodega no porto de Paio Fermoso por douscentos cincuenta marabedís 1420.
14 - Gómez de Outeiro vende a García de Esmorís e Afonso de Codeseda e ás súas mulleres Aldara Pérez e Elvira Eanes as dúas quintas partes e media das súas propiedades en Codeseda por vinte marabedís 1436.
15 - Elvira Eanes e Inés Rodríguez, veciñas de San Pantaleón, venden ao mosteiro de Santa María de Monfero o casal de Sombreu en Santa María de Miño, por tres mil marabedís 1450.

Só mostramos os 15 documentos maís antigos dos 20 atopados no ARG.

P.AR.ES

1.- María Pérez vende a Pedro Eanes y a su mujer María Muñoz, así como a Pedro Muñoz y a su mujer Sancha Muñoz, toda heredad que poseía de sus abuelos en Villa de Mouris, territorio de Pallares, feligresía de Santa María de Ferroi. 1259.
Cód. Ref: ES.28079.AHN/3.1.3.3.78//CLERO-SECULAR_REGULAR,Car.1088,N.15

Outros Arquivos

en documento do ano 1200, "Casa que fu de don fernan eanes ye de ossera."

Persoeiros

1. Francisco Eanes, mercader de Padrón, testou en 1374.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .