Feijóo

Está relaccionado cos apelidos Feijó, Feixó, Feixóo.

Orixe

É o apelido Feijoo, derivado do nome común correspondente ó galego actual feixón ‘faba’ (do latín faseolu). Nas cantigas de escarnio medievais emprégase feijoo co significado de ‘cabeza calva’ e ha de ser sen dúbida ese significado o que motivou o seu emprego como alcuña persoal na Idade Media. Trataríase, xa que logo, dun sinónimo metafórico ou humorístico do apelido Calvo.
Aínda que a documentación máis antiga testemuña o uso deste sobrenome en diferentes latitudes galegas e portuguesas, a súa perduración como apelido é característica do territorio da diocese de Ourense, e cos datos que posúo case me atrevería a afirmar que é un apelido de orixe exclusivamente ourensá. O padre Seixas, e nisto ségueo a Gran Enciclopedia Gallega, sitúa a súa orixe en Celanova, pero non cremos que se poida falar dun foco tan localizado.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar nas provincias de Madrid, Biscaia, Barcelona, Asturias, Guipúscoa, Sevilla, Badaxoz, Cantabria, Cáceres, Valencia, Murcia, Cuenca, Palencia, Segovia, Álava, León, As Palmas, Alacante, Cádiz, Valladolid, Zaragoza, Zamora, Burgos, Xirona, Xaén, Tarragona, Illas Baleares, Málaga, Lleida, Tenerife, Cidade Real e Navarra.

Ceuta Melilla