Fidalgo

Orixe

Apelido que fai referencia á posición social.  Un fidalgo é un individuo con título de nobreza.

En galego medieval fillo d'algo.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía A Casa de Fidalgo
- na parroquia de Santa María de Mántaras, no concello de Irixoa (A Coruña).
coa grafía Fidalgo
- na parroquia de Santiago de Xustás, no concello de Cospeito (Lugo).
coa grafía Os Fidalgos
- na parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz (Lugo).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar nas provincias de León, Asturias, Zamora, Madrid, Barcelona, Biscaia, Sevilla, Guipúscoa, Valladolid, Cádiz, Teruel, Burgos, Zaragoza, Palencia, Huelva, Alacante, Málaga, Álava, Ávila, Badaxoz, Illas Baleares, Salamanca, Valencia, Cantabria, Navarra, As Palmas, Cáceres, Lleida, Cordoba, Xirona, Tenerife, Guadalaxara e Granada.

Ceuta Melilla