Fole

Orixe

Etimoloxía:
Fol.
1.- Instrumento formado por dúas táboas horizontais e costados de pel, formando unha cavidade, que ao ser oprimido produce aire a presión.
2.- Saco ou bolsa, en principio de coiro, ou obxecto de forma parecida.
3.- Parte da gaita en forma de bolsa de coiro, onde se almacena o aire e que se aperta para facer soar o punteiro.
4.- Marisco coa casca branda e pouco comida no interior.
Fole.
5.- Parte interior da rede, onde cae ou malla a troita ou outro peixe.
6.- Nalgunhas rías galegas cangrexo femia.
7.- Odre ou saco de coiro usado para envasar gran ou fariña.
8.- Amnios, membrana interna, que cubre ao feto.
9.- Fofo, brando.

Dieter Kremer, o máis recoñecido especialista en onomástica galega e portuguesa, documenta no noso ámbito lingüístico polo menos desde o século XIII o sobrenome Fole, que contén o nome común fole ou fol, usado como alcume en alusión a características físicas dun individuo.

Ánxel Fole, que levaba ese sobrenome como apelido, fabulou nun relato sobre a súa propia liñaxe e alí facíase descender dun exótico cabaleiro templario apelidado Folk ou algo semellante. O escritor lugués, que botou man das crenzas tradicionais para a súa literatura, tamén neste caso se acomodou ás pautas da fantasía popular.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Batifoles
- na parroquia de Santa María de Narón, no concello de Portomarín (Lugo).
coa grafía Pousafoles
- na parroquia de San Tomé de Freixeiro, no concello de Vigo (Pontevedra).
- na parroquia de San Cibrán de Padrenda, no concello de Padrenda (Ourense).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Asturias, Barcelona e León.

Ceuta Melilla