Orixe

Etimoloxia:
de Freixo
1. Árbore de folla caduca da familia das oleáceas (Fraxinus excelsior), de vinte a trinta metros de alto, de toro groso, con moitas pólas e madeira de cor abrancazada moi doada de traballar.
2. Madeira desta árbore.
3. Freixó: Doce para sobremesa que se fai con ovos leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira e ao que se lle pode engadir logo azucre mel, etc.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Freixoso de Penela
- na parroquia de Santiago de Penela, no concello de Cartelle (Ourense).

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Foros

Opinión persoal de Milleiro:
Evidentemente o apelido é galego de natureza toponímica que ten a sua orixe no concello de Cartelle. Non teño constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido. Sobre a etimoloxia do apelido semella proceder de Freixo.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .