Orixe
Procurar unha interpretación etimolóxica para este apelido non é un labor doado; porque a sua aparente evidencia póde-nos levar a hipóteses erradas.
De optarmos por unha procedencia latina tería-mos primeramente gens, gentis (linaxe) e genus, generis (xénero); pero na nosa opinión debémolos desbotar por hipercultismo e porque supoñería pasar por alto os procesos de transformación que sofreu a lingua na sua evolución.
En canto que este apelido ten orixe no lugar do Xen, na parroquia de Xestoso, poderíamos ter en conta a etimoloxía deste topónimo (lat. Genista, gal. Xesta, port. Giesta) para relacionalo; non obstante seméllase-nos abondo artificioso e dubidamos dunha fórmula evolutiva con este resultado.
Non ousamos, por tanto, aventurar interpretación filolóxica ningunha mentres non se coñezan outros datos que puideran aportar máis claridade.
Distribución do apelido
Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.
Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.
Distribución en España
No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) soamente na provincia de Barcelona.