Iglesias

Está relaccionado co apelido Iglesia.

Orixe

Iglesias constitúe un exemplo de apelido de imposición administrativa, é dicir, aplicado en casos de filiación non recoñecida e outras circunstancias semellantes, para as cales a lexislación vixente aínda contempla que o funcionario do Rexistro poida impoñer ó nacido apelidos "de uso corrente". É apelido característico do territorio galego e as áreas limítrofes, pero naceu xa coa forma castelá e o seu uso data de época relativamente recente, pois non se rexistra no Catastro de Ensenada (1753), cando na actualidade ocupa en Galicia, significativamente, o lugar duodécimo por orde de frecuencias.
Unha parte dos apelidos toponímicos tradicionais da Eirexa, da Eirexe, da Igrexa e variantes que non foron castelanizados en de la Iglesia pasaron a confluír con este apelido administrativo adquirindo un -s final adventicio, polo que unha restauración do apelido (unha adecuación á lingua correspondente, conforme a letra da lei) podería optar entre reconducilo, seguindo o camiño inverso, ata os apelidos toponímicos mencionados, ou ben adaptalo á forma estándar galega (Igrexas).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai
Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.
Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai
Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar nas provincias de Asturias, Madrid, Cáceres, Barcelona, Salamanca, Biscaia, Cádiz, Sevilla, León, Cantabria, Badaxoz, Guipúscoa, Toledo, Huelva, Zamora, Palencia, Valladolid, Burgos, Granada, Valencia, Xirona, Segovia, Tarragona, Almería, Lleida, Xaén, Ávila, Illas Baleares, Zaragoza, Málaga, Murcia, Alacante, Álava, Cordoba, Navarra, As Palmas, Tenerife, A Rioxa, Cuenca, Soria, Huesca, Cidade Real, Castelló, Melilla, Guadalaxara, Ceuta, Albacete e Teruel.

Ceuta Melilla