Lamigueiro

Está relaccionado cos apelidos Bidueiro, Gruñeiro, Lodeiro, Lodeiros.

Orixe

Etimoloxía:
Lamigueiro é unha voz galega de orixe latina. Ten dous sinificados distintos rexistrados nos diccionarios da nosa lingua.
- Lamigueiro : Arbre lat. Populus Alba. En galego recibe tamén o nome de: lamagueiro, lodeiro, lodairo e gruñeiro. En portugués coñécese como Lodão. En castelán vulgarmente como chopo, ainda que tamén emprégase lodom. ej. (Torre-lodones, Madrid).
- Lamigueiro : Ave mariña. Albatros. É menos coñecido e ten pouca presenza no noso idioma.
Ámbalas dúas teñen en común a súa etimoloxia latina. *lami-cariu: nacido en terra húmida. Do radical indoeuropeu *lam/lem: terra. Deu o latín: *lamis, e íste o galego: *lama.
A voz galega LAMIGUEIRO, aparece recollida por primeira vez polo pai Sarmiento no século XVIII, e anotada na súa colección: Voces (1753).

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Lamigueiro Novo
- na parroquia de Santo Antonio de A Barqueira, no concello de Cerdido (A Coruña).
coa grafía Lamigueiro Vello
- na parroquia de Santo Antonio de A Barqueira, no concello de Cerdido (A Coruña).
tamén se cita no :
- Século XVI-XVIII como Montes e lugar de Lamigueiro no Coto de Malados. San Martiño de Cerdido. Antiga Provincia e bispado de Betanzos. Xurisdicción da Orden Hospitalaria de San Xoan. Encomenda de Portomarín.
- Século XIX-XXI como Lugar de Lamigueiro Vello. Parroquia de San Antonio da Barqueira. (antigo Coto de Malados), Concello de San Martiño de Cerdido. Provincia de A Coruña. Lugar de Lamigueiro Novo. Parroquia de San Antonio da Barqueira. (antigo Coto de Malados), Concello de San Martiño de Cerdido. Provincia de A Coruña.
- Século XVII como Montes, erdade, fonte e rego de Lamigueiro. Santa María de Cereo. Xurisdicción do Condado de Altamira. Provincia de A Coruña. Actualmente a parroquia pertence o Concello de Carballo.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid (10) e Xirona (5).

Ceuta Melilla