Lois

Orixe

Etimoloxía :
Nome xermánico, latinización medieval dun orixinario Hlodwig ou Hlodowidg, documentado xa no séc. V, composto de hlod "gloria" e wig "batalla"; significaba "glorioso na batalla". O inicial hl- simplificouse en l- contra o séc. IX: de Hlodowig pasouse a Clodovicus ou Clodoveus, Aloisio, Lodovicus ou Ludovicus e, posteriormente, a Looïs ou Louis, como se escribía no francés antigo. ¿Son Lois e Luís o mesmo nome? Loyz xa se documenta en 1548. Lois sempre existiu como apelido, o que fai pensar neses outros nomes que resistiron a presión castelanizadora convertidos en apelidos (Bernal, Guillén, García, Sueiro, Xil, etc,) e dende a Xeneración Nós reapareceu como variante galega de Luís.
Sen embargo algúns opinan que Lois procede do francés Eloi (e este de Eligius) e que Luís é un nome distinto e insisten na diferente acentuación. Mentres non se aclara o caso e constatando que o uso os consagra como sinónimos, preferimos ver aquí un mesmo nome con dúas variantes (coma Roi e Rui).
Vicente de Cadenas, en "Heráldica patronímica española y sus patronímicos compuestos", ademáis de decir que é galego, súmase á orixe apontada no Diccionario e di: Lois de Ludovic.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Lois
- na parroquia de San Pedro de Oza, no concello de Oza Dos Ríos (A Coruña).
coa grafía San Lois
- na parroquia de Santa María de Ardaña, no concello de Carballo (A Coruña).
coa grafía O San Lois
- na parroquia de San Pedro de Orazo, no concello de A Estrada (Pontevedra).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Lois
- parroquia de San Fins de Lois, no concello de Ribadumia (Pontevedra).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Barcelona, Cantabria, Asturias, León, Cádiz, As Palmas, Biscaia, Guipúscoa, Huelva, Valencia, Albacete, Sevilla, Segovia, Alacante, Xirona, Tenerife, Palencia, Valladolid e Zamora.

Ceuta Melilla