Míguez

Está relaccionado cos apelidos  Miguélez, Miguéns, Sanmiguel.

Orixe

Os achegados a Celso Emilio saberán que na tradición da familia materna do poeta conservaban a acentuación aguda Miguez, co acento no E, e así pronunciaba el o seu segundo apelido. No cambio de Miguez para Míguez influíu seguramente a analoxía con outros patronímicos que teñen a mesma terminación pero levan o acento no I, algúns moi comúns (Rodríguez, Domínguez...).
Miguéns é unha variante deste apelido. Tanto unha coma outra son o resultado lexítimo galego do patronímico derivado de Miguel. A forma castelá correspondente é Miguélez. Os Miguélez que rexistra o censo de Galicia poderían ter orixe non galega, aínda que teño serias dúbidas.
A distribución xeográfica actual de Miguéns permite localiza-lo foco principal desta variante nas áreas da Arousa e da península do Barbanza. Se a persoa que fixo a consulta ten raíz máis ou menos remota nesas comarcas, entón é de crer que restaura simbolicamente un vencello coas orixes ó mudar para Miguéns o apelido. Faise sorprendente, por exemplo, que no padrón da Pobra do Caramiñal, rodeada de concellos onde é común a variante Miguéns, teña tanta presencia a forma Míguez ó tempo que a variante Miguéns rexistra números insignificantes. Aínda que non debemos desbotar unha procedencia de fóra da comarca, esa illa da Pobra tamén pode deberse ó celo regularizador (en diferentes épocas históricas, pero probablemente non moi antigas) da administración. Podería darse o caso de que un único funcionario, civil ou eclesiástico, deixase dese xeito na onomástica da zona a súa pegada anónima.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Sevilla, Madrid, Biscaia, Barcelona, Asturias, Guipúscoa, Valladolid, Zamora, Cádiz, León, Illas Baleares, Valencia, Burgos, Cantabria, Cáceres, Cordoba, As Palmas, Alacante, Navarra, Salamanca, Málaga, A Rioxa, Castelló, Toledo, Álava, Badaxoz, Tarragona, Huelva, Tenerife, Xirona, Ceuta e Cidade Real.

Ceuta Melilla