Orixe
Etimoloxía :
Do antropónimo latino Maurellius ó traveso do xenitivo: villa Maurellii = "finca de Maurelio".
Toponimia
Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Cal de Mourelle
- na parroquia de Santo Estevo de Ansar, no concello de Taboada (Lugo).
- na parroquia de Santa Mariña de Cerdeda, no concello de Taboada (Lugo).
coa grafía Mourelle
- na parroquia de Santa Catarina de Anseán, no concello de O Corgo (Lugo).
- na parroquia de Santiago de Bembrive, no concello de Vigo (Pontevedra).
- na parroquia de Santa María de Bretoña, no concello de A Pastoriza (Lugo).
- na parroquia de Santa María de Gargamala, no concello de Mondariz (Pontevedra).
- na parroquia de Santa María de Montouto, no concello de Santa Comba (A Coruña).
- na parroquia de Santa María de Olives, no concello de A Estrada (Pontevedra).
- na parroquia de San Xoán de Sirgueiros, no concello de O Incio (Lugo).
coa grafía Remourelle
- na parroquia de San Pedro de Arante, no concello de Ribadeo (Lugo).
Tamén e o nome dun regueiro en Narla, concello de Friol (Lugo); e un monte en Guillar, concello de Outeiro de Rei (Lugo).
Distribución do apelido
Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.
Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.
Distribución en España
No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Biscaia, Barcelona e Asturias.