Muruxosa

Está relaccionado cos apelidos Morujosa, Murujosa.

Orixe

Etimoloxía :
Muruxa.
1.- Planta (Stellaria media) anual da familia das cariofiláceas, de follas pequenas ovais e flores brancas, propia de terreos húmidos e estercados.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía A Muruxosa
- na parroquia de San Paio de Paradela, no concello de Toques (A Coruña).

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido.

Foros

Comentario persoal de Milleiro: Damos por bon que este apelido provén do nome dunha entidade menor de poboación (un lugar ou aldea) denominado A Muruxosa, pensamos que único na Galiza, pertencente á parroquia de San Paio de Paradela, no concello de Toques (A Coruña).
Este municipio testa có de Sobrado e có de Friol (Lugo).
Nin que dicir ten que o apelido consta a efeitos administrativos como Murujosa.
Estamos ante un deses apelidos escasos e ben definidos, onde o establecemento da liñaxe ha ser abondo sinxelo.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .