Nóvoa

Está relaccionado cos apelidos Noboa, Novoa.

Orixe

Coma un invisible cordón umbilical, o apelido vencella coa antiga xurisdicción da Terra de Nóvoa, veciña do Ribeiro de Avia.
A forma xenuína é esdrúxula, Nóvoa, pois corresponde a un diminutivo latino nóvula (do mesmo xeito que o latin mácula dá en galego mágoa), polo que podemos dicir que a pronuncia grave Novoa revela certa eiva na transmisión do apelido, aínda que realmente non se trate dunha deturpación castelanizante.

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Nóvoa
- parroquia de Santo Estevo de Nóvoa, no concello de Carballeda de Avia (Ourense).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Barcelona, A Rioxa, Cantabria, Asturias, León, Biscaia, Guipúscoa, Huelva, Xaén, Sevilla, Badaxoz, Cádiz, Palencia, Navarra, Valencia, Málaga, Ávila, Cáceres, Murcia, Álava, Zaragoza, Tenerife, Valladolid, Xirona, Alacante, Lleida, Zamora, Burgos, Illas Baleares, Salamanca, Melilla, Granada, Almería, As Palmas, Castelló, Tarragona e Cidade Real.

Ceuta Melilla