Otero

Está relaccionado cos apelidos  Oteros, Outeiro, Outerelo, Outeriño.

Orixe

Onomástica:
É un dos apelidos galegos máis comúns (no censo electoral de 1996 ocupa o lugar décimo sétimo por orde de frecuencia). Non é exclusivo da onomástica galega (unha pequena parte dos Otero galegos poderían ser de orixe leonesa ou zamorana, por exemplo), pero presenta entre nós a máis alta densidade da península, e mesmo se pode afirmar que a maior parte dos Otero do mundo teñen orixe galega.

O profesor Lema Suárez estudiou a alteración deste apelido (de/do Outeiro > Otero) en terras de Soneira e puxo de relevo o carácter serodio da consolidación da forma deturpada: ata o século XIX é habitual que nos escritos, sobre todo nos menos formais, convivan (ás veces nun mesmo documento para referirse á mesma persoa) a forma oficial deturpada Otero e a tradicional Outeiro.

Segundo o censo do Catastro de Ensenada, a mediados do XVIII os Outeiro e os Otero de Galicia mantiñan proporcións equilibradas. Hoxe é case absoluto o predominio da forma deturpada. Só un 1%, localizado sobre todo na Barcala e en Bergantiños, mantén a forma tradicional Outeiro, xa sen a preposición que presentaba antigamente (de Outeiro, do Outeiro), habitual nos apelidos de orixe toponímica.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar nas provincias de Madrid, Cádiz, Asturias, León, Barcelona, Sevilla, Segovia, Biscaia, Toledo, Zamora, Cordoba, Cantabria, Badaxoz, Málaga, Guipúscoa, Valladolid, Valencia, Granada, Palencia, As Palmas, Zaragoza, Burgos, Huelva, Cáceres, Navarra, Illas Baleares, Ávila, Alacante, Xirona, Tarragona, Álava, A Rioxa, Tenerife, Cuenca, Murcia, Almería, Soria, Cidade Real, Xaén, Lleida, Huesca, Guadalaxara, Castelló, Salamanca, Ceuta, Albacete e Melilla.

Ceuta Melilla