Padín

Está relaccionado co apelido Paadín.

Orixe

Etimiloxía :
Paadín é un apelido derivado do nome propio latino PALATINUS. O termo -paadín fíxose moi común na idade media, como prototipo do guerreiro cristián loitador contra os mouros.
Poidera estar relacionado cos primeiros romances dos ciclos artúricos e sobar Carlo Magno e os doce pares de Franza, Rolando, Lanzarote do Lago etc. todos eles exemplos de paadíns.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Padín
- na parroquia de Santiago de Arnego, no concello de Rodeiro (Pontevedra).
- na parroquia de San Cristovo de O Couso, no concello de Campo Lameiro (Pontevedra).
- na parroquia de Santa María de Covas, no concello de Negreira (A Coruña).
- na parroquia de San Vicente de Meirás, no concello de Valdoviño (A Coruña).
- na parroquia de Santa Uxía de Ribeira, no concello de Ribeira (A Coruña).
- na parroquia de Santa María de Tardade, no concello de Vilalba (Lugo).
- na parroquia de San Salvador de Teis, no concello de Vigo (Pontevedra).
- na parroquia de San Xoán de Tirimol, no concello de Lugo (Lugo).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Guadalaxara, Barcelona, Murcia, Asturias, Badaxoz, Salamanca, Xirona, Biscaia, Sevilla, Cantabria, Málaga, As Palmas, Alacante e León.

Ceuta Melilla