Paz

Está relaccionado cos apelidos Paas, Pais, Páes, Páez.

Orixe

(1) X. Carlos Breixo Rodríguez, no seu libro Historia de Ortigueira (edi. Via Láctea) fala no partado chamado: foro dos Casaias de Miñato e as herdades de Brandariz e Miudelos, sobor a presencia do apelido Paz nas terras de Ortigueira.

...a renda ou censo imposto polo prior, en nome da comunidade é a de cincuenta marabedís, contando a moeda branca polo valor de dineros, e unha colleita, sen malicia, cada ano por día de San Martiño. A todo isto foron testemuñas: Fernán de Pas, crego de Santiago de Cuiña e Johan Peixota entre outros (doc29, pax 268-269).
A citación das testemuñas é sempre motivo de consulta polos datos que nos achega, e así neste documento temos por crego en Cuiña a un descendente dos "Paes", o mesmo que no ano 1430, volve a aparecer na mesma parroquia outro parente familiar dos do mesmo apelido que acadaron certo poder na terra de Trasancos entre os séculos XIV e XV, emparentados cos Froylaz e Andrade, e que derivarían co paso do tempo no apelido Paz.
(2)
O apelido Paz non contén o substantivo común paz, como aparenta, senón que é unha das variantes do patronímico formado do nome persoal galego Paio. Deste nome, que tivo extraordinaria difusión na Galicia medieval a partir do culto do santo galego así chamado, proceden os patronímicos Páez, Pais e Paz.
(3) Vicente de Cadenas y Vicent. "Heráldica patronímica española y sus patronímicos compuestos".
Da coma orixe o nome "Pelagio" para os apelidos PAEZ (gallego), PAYO (gallego), PELA (leonés), PELAEZ (Asturias), PELAYET (catalán) e PELAYO (castellano).

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Paz
- na parroquia de San Pedro Fiz de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro De Rei (Lugo).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía San Fiz de Paz
- parroquia de San Pedro Fiz de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro De Rei (Lugo).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Tenerife, Barcelona, Málaga, Cáceres, Sevilla, Cidade Real, Badaxoz, Biscaia, Cádiz, Cordoba, León, As Palmas, Cantabria, Toledo, Asturias, Valladolid, Salamanca, Guipúscoa, Zamora, Valencia, Xaén, Tarragona, Navarra, Granada, Xirona, Almería, Ávila, Alacante, Zaragoza, Murcia, Huelva, Ceuta, Burgos, Illas Baleares, Álava, Lleida, Albacete, Castelló, Palencia, Cuenca, Melilla, Segovia, Teruel e Guadalaxara.

Ceuta Melilla