Orixe
É tamén apelido toponímico. O nomenclátor recolle tres topónimos con esta forma, un no concello de Irixoa, outro no de Barro e un terceiro no de Moraña. A actual distribución xeográfica do apelido fai pensar que só os dous primeiros tiveron productividade na onomástica familiar. A grafía con B ha de ser etimolóxica, se como parece corresponde a un rivu bonu latino (polo que constitúe unha variante de Riobó e Rioboo, tamén habitual como apelido).
Toponimia
Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Rebón
- na parroquia de Santa María de Verís, no concello de Irixoa (A Coruña).
coa grafía Rebón de Abaixo
- na parroquia de San Pedro de Rebón, no concello de Moraña (Pontevedra).
coa grafía Rebón de Arriba
- na parroquia de San Pedro de Rebón, no concello de Moraña (Pontevedra).
en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Rebón
- parroquia de San Pedro de Rebón, no concello de Moraña (Pontevedra).
Distribución do apelido
Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.
Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.
Distribución en España
No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de León, Asturias e Guipúscoa.