Ruso

Está relaccionado cos apelidos Ruza, Ruzo.

Orixe

Ruso é unha variante gráfica de Ruzo, e este corresponde á forma galega dun adxectivo común ruzo, -za, un adxectivo de cor. É un dos moitos apelidos procedentes de sobrenomes alusivos ó cabelo ou á pel dunha persoa (Rubio, Castaño, Moreno, Roxo, Branco, Negro, Vermello, Cao, Crespo, Pardo, Calvo, Feixó...). O común ruzo (en portugués ruço, en castelán rucio) designaba en orixe persoas de pelo apigarado ou gris por mestura de branco e negro.
No censo galego a grafía máis abundante é Ruzo. A variante minoritaria que rexistra o S na escrita (Ruso) semella ter como principal foco de orixe as comarcas coruñesas da Barcala e de Xallas.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar nas provincias de Alacante, Cádiz, Cordoba, Barcelona, Sevilla, Melilla, Salamanca, Madrid, Asturias, Valencia, Murcia, Lleida e Álava.

Ceuta Melilla