Solla

Está relaccionado co apelido Solleiro.

Orixe

Etimoloxía :
1. Do latin solea: peixe mariño malacopterixio de forma plana, e cunha certa semellanza ao linguado.
2. Navalla ou puñal templado en veneno, que produce a morte até nos cabalos.
3. Lesión dun membro por queimadura.
O tamén filólogo en galego-portugués e profesor Carlos Solla Varela comenta que se trata dun apelido que ten natureza de alcume. Engade que a palabra Solla pode ser interpretado como unha derivación do verbo Sollar, é dicer, do latín soleare que significaria -botarlle o piso á casa- ou mesmo como unha forma derivada do astro Sol, Asollar= Poñer ao sol.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de León, Madrid, Asturias, Palencia, Biscaia, Valladolid, Cantabria, Guipúscoa, Huelva, Barcelona, Cádiz, Valencia, Zamora, Burgos, Navarra, As Palmas, Álava, Tenerife, Cuenca e Málaga.

Ceuta Melilla