Táboas

Orixe

Etimoloxía:
1.- Peza de madeira plana e pouco grosa, polo xeral de forma rectangular e máis longa ca larga.
2.- Peza plana e pouco grosa de certos materiais ríxidos.
3.- Cadro de números ordenados conforme a un método para facilitar a obtención duns determinados valores.
4.- Relación ordenada e sistemática de determinadas materias, que permite consultalas ou localizalas rapidamente.
5.- Prancha alongada de material flotante sobre a que se practican deportes acuáticos e de neve.
6.- Fonte de alimentos da mesma clase.
7.- Pintura que se fai sobre unha madeira plana.
8.- Situación no xogo do xadrez ou das damas na que ningún dos xogadores pode ganar a partida.
9.- Escenario dun teatro.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía As Táboas
- na parroquia de Santa María de Luneda, no concello de A Cañiza (Pontevedra).
- na parroquia de San Pedro de Soandres, no concello de A Laracha (A Coruña).
- na parroquia de San Vicente de Vigo, no concello de Carral (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Xirona, Cádiz, Sevilla, Madrid, Barcelona, Valencia e Málaga.

Ceuta Melilla