Teixedo

Está relaccionado cos apelidos Teijedo, Teijeira, Teijeiro, Teijido, Teijo, Teixeira, Teixeiro.

Orixe

Etimoloxía :
O apelido é galego, toponímico, e vénlle dalgún lugar chamado Teixedo, que debe o seu nome á árbore chamada teixo, en latín taxus.
Hoxe o teixo é unha especie insólita, en perigo de extinción. No Teixadal de Casaio, nos confíns de Valdeorras, consérvase o último bosque de teixos das nosas latitudes, pero na antigüidade os teixos deberon de ser comúns no país, a xulgar polas pegadas que deixou o nome na toponimia. Como é sabido, os resistentes do Medulio envelenáronse con follas de teixo.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Teixedo
- na parroquia de San Pedro de Corcoesto, no concello de Cabana De Bergantiños (A Coruña).
coa grafía O Teixedo
- na parroquia de San Pedro de Gabín, no concello de Montederramo (Ourense).

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .