Vázquez

Orixe

J. M. Albaigés explica Vázquez como apelido castelán, ben toponímico (?) ou ben como "contracción" de Velázquez. Iso que Albaigés chama erradamente contracción é a evolución propia do galego, que perde o -L- entre vocais (así o latín volare dá o galego voar). Se o apelido fose asturiano ou castelán tería a forma Velázquez, pero Vázquez só pode ser galego.
É o patronímico do nome persoal Vasco, forma galega e portuguesa correspondente ó castelán Velasco. É certo que hai Vázquez espallados por toda a Península, pero a súa orixe remota é por forza galega. Xa nin sequera galega e portuguesa, pois a solución portuguesa correspondente adoita ser sen sufixo.

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Os Vázquez
- na parroquia de San Salvador de Lumeares, no concello de A Teixeira (Ourense).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Sevilla, Madrid, Huelva, Barcelona, Cádiz, Badaxoz, Asturias, Málaga, Biscaia, Toledo, Valencia, Cáceres, Cordoba, León, Granada, Alacante, Valladolid, Xaén, Guipúscoa, Murcia, Cantabria, Zamora, Zaragoza, Almería, Albacete, Illas Baleares, Cidade Real, Guadalaxara, Ávila, Salamanca, Tarragona, Navarra, Xirona, As Palmas, Álava, A Rioxa, Palencia, Tenerife, Segovia, Ceuta, Burgos, Lleida, Castelló, Melilla, Huesca, Teruel, Soria e Cuenca.

Ceuta Melilla