Viladóniga

Está relaccionado cos apelidos Viladónega, Villadóniga.

Orixe

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Viladóniga
- na parroquia de San Martiño de Cerdido, no concello de Cerdido (A Coruña).
- na parroquia de Santa Eulalia de Merille, no concello de Ourol (Lugo).
- na parroquia de Santa María de Ourol, no concello de Ourol (Lugo).
- na parroquia de San Salvador de Serantes, no concello de Ferrol (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido ou a súa frecuencia é inferior a 5.

Arq. Reino Galicia

1 - PEDRO DE VILARELLE, COMO MARIDO DE SU MUJER, CON DOMINGO VIDAL. MISION EN POSESION DEL VINCULO QUE FUNDO FERNANDO DE VILADONIGA. 1670.
2 - Partilla dos bens fincables que quedaron de Francisco de Rañal e de María de Viladóniga, veciños de Santa María de Labacengos 1711.
3 - Partillas dos bens fincables María de Viladóniga, muller de Ignacio de Argana, veciña de Santa Cruz de Moeche 1758.
4 - Cupo e montón de María Ambrosia de Viladóniga e Miguel da Pena, o seu pai, veciños de Santiago Seré das Somozas 1763.
5 - Testamento de María Ambrosia de Viladóniga, veciña de Santa María da Régoa 1776.
6 - Conta tutelar dada por Simón Durán, veciño de San Paio de Ferreira, e a súa muller, Mariana de Viladóniga, ós fillos desta con Félix Alvariño 1777.
7 - Julián das Puentes e a súa muller, Antonia de Viladóniga, veciños de Santiago Seré das Somozas, venden a Juan Rodríguez parte dun muíño no río do Loureiro 1782.
8 - Bernardo de Viladóniga, veciño de Santa María da Pedra, con Juan Carneiro, sobre enorme e enormísima de bens 1790.
9 - Narcisa de Viladóniga, viúva de Pedro de Chao, veciña de Santa María de Bardaos, con Luis Romeu sobre recobración de bens 1793.
10 - Pedro Garrote e a súa muller, Antonia de Viladóniga, veciños de Santiago Seré das Somozas, venden a Juan Rodríguez e a súa muller, Francisca Freire, veciños de Santa Cruz de Moeche, unha casa cosas súas hortas no da Torre, no Cardal en SantaCruz de Moeche que é foro da encomenda de Portomarín 1798.
11 - Francisco Baliño, veciño de San Martiño de Cerdido, con Vicenta Viladóniga, a súa cuñada, sobre satisfacción de marabedíes 1802.
12 - Partilla dos bens fincables de Juan Rodríguez e Antonia de Viladóniga, veciños de San Martiño de Cerdido, entre os seus fillos e herdeiros 1807.
13 - Taxa e partilla dos bens fincables de Manuel López, veciño de couto de Belecón, entre a súa viúva, Micaela de Viladóniga e os seus fillos 1808.
14 - Andrés Pita, veciño de Ferrol, cos herdeiros de Manuela de Viladóniga e Narciso Pita, veciños de Meroi, sobre posesión de bens 1810.
15 - Antonio de Lago como marido de Rosa de Viladóniga, veciños de Santa Cruz de Moeche, con José de Piñón sobre axuste de contas de tutela e pago de reais 1815.

Só mostramos os 15 documentos maís antigos dos 28 atopados no ARG.

Foros

Opinión persoal de MILLEIRO :
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponimica

Opinión persoal de LAMIGUEIRO :
Ademais de asentir todo o exposto por Milleiro me gostaría apontar, que na zona de Cerdido, o toponimo onde se enprestou en apelido, e o lugar de Viladóniga, xunta a Viladaigrexa en San Martiño de Cerdido. Unha aproximación o significado do topónimo, sería a forma medieval -Viladominica- que podriamos traducir os nosos días como -A Vila do Señor-, entendida como un lugar habitacional dun posesor.

Opinión persoal de MAVIAC :
Creo que se pode reproducir en esencia o que indicaba onte como comentario para o apelido Ónega-Óniga: "Neste caso" -apelidos Ónega-Óniga- " pergúntome se non acontecería ao invés que noutros apelidos: Xa que os topónimos existentes son Viladónega ou Viladóniga, e que non se descompón (ao meu entender) en ónega ou óniga -xa que supoño que los topónimos citados, como o de Viladonga proveñen de primitivas Villa Dominica" -coincido con Lamigueiro na sua significación- ", o resultado da descomposición sería dóniga ou dónega así como donga...-. En suma ao contrario que nos casos Do valo, Do mato, do marco, etc, aquí teráse dado unha hipercorrección inversa francamente curiosa ao se criaren uns supostos De Ónega ou De Óniga sen base nengunha. Sempre e cando alguén mais versado ca min en filoloxía non me desminta".

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .