Arca
Orixe
Etimoloxía:
Do latín arca:
1.- Caixa grande con tampa plana, usada para gardar roupa ou outras cousas, como cereais.
2.- Caixa para gardar diñeiro e outros obxectos de valor.
3.- Parte do corpo delimitada polas costelas.
4.- Parte dereita dunha embarcación, mirando de popa a proa.
5.- Embarcación de madeira de grandes dimensións na que, segundo a Biblia, Noé, a súa familia e os animais alí encerrados se salvaron do diluvio universal.
6.- Sepulcro prehistórico.
Toponimia
Posible orixe toponímica.
en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Arca Cavada
- na
parroquia de Santiago de Trasparga, no concello de Guitiriz (Lugo).
coa
grafía A Arca
- na parroquia de Santa Mariña de Lañas, no concello de
Arteixo (A Coruña).
- na parroquia de San Xoán de A Laxe, no concello de
Chantada (Lugo).
- na parroquia de Santa María de Montouto, no concello de
Abadín (Lugo).
coa grafía O Colo de Arca
- na parroquia de Santa Cruz de
Lesón, no concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña).
coa grafía A Pena de
Arca
- na parroquia de San Xulián de Cazás, no concello de Xermade (Lugo).
coa grafía Quinteiro de Arca
- na parroquia de San Xoán Bautista de
Liripio, no concello de A Estrada (Pontevedra).
coa grafía San Xiá de Arca
- na parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero (A Coruña).
coa grafía A Veiga da Arca
- na parroquia de San Xoán de Panxón, no
concello de Nigrán (Pontevedra).
en Galicia atopamos as seguintes
parroquias
coa grafía Arca
- parroquia de San Miguel de Arca, no
concello de A Estrada (Pontevedra).
- parroquia de Santaia de Arca, no
concello de O Pino (A Coruña).
Distribución do apelido
Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.
Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.
Distribución en España
No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Granada, Sevilla, Asturias, Barcelona, Guipúscoa, Biscaia, Málaga, Navarra, Cádiz, Madrid, Illas Baleares, León, Melilla, Burgos, Alacante e Lleida.