Carreiras

Está relaccionado cos apelidos Carreira, Carreiro.

Orixe

Etimoloxía:
Carreira.
1. Acción de correr.
2. Competición deportiva de velocidade.
3. Camiño estreito (Nalgúns lugares a carreira é máis larga ca o carreiro, entendéndose que polas carreiras poden pasar os carros, e polos carreiros non).
4. Conxunto de estudos, particularmente os superiores, que capacitan a alguén para o exercicio dunha profesión.
5. Actividade profesional.
6. Liña de puntos que se soltan nun tecido.
7. Fila de herba que se forma ao segar.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Carreiras
- na parroquia de San Xulián de Pontecesures, no concello de Pontecesures (Pontevedra).
- na parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira (Ourense).
- na parroquia de San Fiz de A Xesta, no concello de Lalín (Pontevedra).
coa grafía As Carreiras
- na parroquia de Santa María de Mañón, no concello de Mañón (A Coruña).
- na parroquia de A Concepción de Millarouso e Santurxo, no concello de O Barco de Valdeorras (Ourense).
- na parroquia de San Vicente de A Regueira, no concello de A Pastoriza (Lugo).
- na parroquia de Santa Mariña de Taboada, no concello de Monfero (A Coruña).
- na parroquia de San Xoán de Vilanova, no concello de Lalín (Pontevedra).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Barcelona, Xirona e Asturias.

Ceuta Melilla