Rama

Está relaccionado cos apelidos Ramallal, Ramalleira, Ramallo, Ramas.

Orixe

Etimoloxía:
1.- Parte dunha planta que sae directamente do tronco e que á súa vez se divide noutras partes máis pequenas e delgadas.
2.- Conxunto de pólas e follas que ten unha planta.
3.- Grupo de persoas cun antepasado común.
4.- División principal dun vaso sanguíneo ou dun nervio.
5.- Folla do piñeiro.
6.- Cada unha das partes en que se divide unha ciencia ou actividade.
7.- Peza rectangular de ferro empregada para suxeitar o molde das letras ou signos que se van imprimir.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Porto da Rama
- na parroquia de Santa María de Bértoa, no concello de Carballo (A Coruña).
coa grafía A Rama
- na parroquia de San Xulián de Barbos, no concello de Ortigueira (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Xaén, Madrid, Málaga, Barcelona, Granada, Cáceres, Badaxoz, Valencia, Cordoba, Sevilla, Biscaia, Asturias, Cádiz, Toledo, Cuenca, Illas Baleares, Xirona, Guipúscoa, Zaragoza, Álava, Alacante, Murcia, Tenerife, Cantabria, Huelva, As Palmas, A Rioxa, Soria, Lleida, Ceuta, Navarra, Tarragona e Albacete.

Ceuta Melilla